c : neste explica a intención do libro, que é a de contar brevemente a historia da vida no planeta, dende os seus inicios ata a actualidade. : neste fálase da estrutura da Terra, as esferas que a envolven. A hidrosfera, que inclúe todas as augas do planeta; a criosfera, que abarca as grandes masas de xeo que recobren a terra firme; a atmosfera, formada pola envolta gasosa que rodea a terra e a corteza terrestre. Tamén fala da biosfera, o conxunto dos seres vivos do planeta, e incluso da noosfera, una especie de esfera consciente que formamos todos os seres humanos. Explica como todas estas esferas se inflúen e se transforman entre si continuamente. : este capítulo xira en torno a Gaia, do que se fala como un ser consciente que abarca a toda a vida no planeta, como un motor que move o mundo. Gaia permite a existencia de vida na Terra, e descarta que a vida se adapte as condicións do planeta. Todos os seres vivos interactúan e transforman o entorno para o seu propio beneficio. : conta como o ser humano apareceu en África e se estendeu polo mundo. Diferencia catro eras na Terra, e ofrece a posibilidade de cando e como puido xurdir a vida. Reflexiona sobre a propia definición de vida, difícil de dar, e cóntanos sobre os primeiros seres vivos, as bacterias, que transformaron a atmosfera anaerobia en aerobia, o que permite a existencia dos seres humanos nos nosos días. : fala de como eran as primeiras células, como se formaron os seus orgánulos internos a partir da endosimbiose, e de como aparecen contradicións na teoría de Darwin respecto a estas, xa que este non pensara a súa teoría para os microbios. : este capítulo céntrase na división dos seres vivos en cinco reinos, falando da biodiversidade, das cousas que teñen en común estes grupos e tamén de todas as súas diferenzas, dende a forma de alimentarse á de reproducirse. : explícanos os problemas que tivo Darwin coa idade da Terra, de como outros científicos criticaron a súa teoría, e como finalmente se decidiu a idade definitiva desta, 3500 millóns de anos. Tamén aproveita para facer un inciso sobre os vertebrados e explicar os tipos destes que existen. : céntrase na evolución dos seres vivos, de como evolucionaron os primeiros peixes, e como proliferaron as plantas na Terra e se foron diversificando. : fálanos da reprodución dos seres vivos, da forma que teñen de regular a súa temperatura e doutras cousas relacionadas. Fala da extinción dos dinosauros e doutras posibles extincións anteriores e incluso se para a reflexionar sobre a capacidade dos seres vivos de recuperase de grandes cataclismos e adaptarse progresivamente ao ambiente. !: todo este capítulo xira en torno á capacidade dos seres vivos de adaptarse ao medio no que viven. ": fálanos da teoría da Tectónica de placas, según a cal as placas que forman a cortiza se moven e explica as probas deste movemento. No mesmo capítulo fálanos tamén dos primates. : explica como eran os homínidos, onde viviron, como se alimentaban e como foron evolucionando. : cóntanos as grandes glaciacións que tiveron lugar na Terra e como estas foron influídas por diversos factores. Explica como os seres vivos, entre eles os homínidos, tiveron que adaptarse a este ambiente tan duro e seguir evolucionando.